martes, 29 de noviembre de 2011

CADRO "LA HABITACIÓN DE VAN GOGH."

Na aula estivemos traballando filosofía e para elo utilizamos un cadro de Van Gogh.

Este foi o resultado.


sábado, 5 de noviembre de 2011

QUE COMEN OS OSOS

Hoxe venres día 4 de novembro ,investigamos sobre que comen os osos.Para iso buscamos información nos libros e contos do noso proxecto e tamén no ordenador.
Descubrimos que comen de todo , son omnívoros( pequenos roedores, peixe, follas,herba...e mel son uns golosos). Ah! descubrimos que a comida preferida do oso panda e o banbú.




Tamén comen salmón... Que rico...

XOGAMOS COS SENTIDOS

Hoxe venres 28, aproveitamos o samaín para xogar a pensar.
Sentimos as texturas, suave, duro, frío...., a que sabe ... é a que cheira unha cabaza.
Foi moi interesante, pois cada nena e neno , dixeron o que pensaban.(traballamos habilidades de percepcón, investigación, razonamento...).








Mirade que caras!

O SAMAÍN

O venres día 28 de outubro, celebramos o samaín no cole. Primeiro abrimos as cabazas , despois limpamos por dentro, por último decoramos as cabazas e pintamos as nosas caras.


"¡O FANTASMA FERMÍN , O FANTASMA FERMÍN GÚSTALLE COMER CASTAÑAS NA NOITE DO SAMAÍN!"

jueves, 27 de octubre de 2011

A NOSA INFORMACIÓN SOBRE OS OSOS

Estamos presentando a información que trouxemos da casa. Gracias as nosas familias estamos moi ledos. Mirade toda a información que xa temos sobre os osos.



Moitas gracias as familias pola colaboración.

sábado, 15 de octubre de 2011

PROXECTO OS OSOS

;Este venres día 14 , comezamos o proxecto " os osos", que traballaremos durante este 1º trimestre.
Estamos moi ilusionados e ilusionadas , xa que é un animal que nos gusta moito, pero sabemos moi poquiñas cousas sobre eles.

Tamén vamos a necesitar axuda das  familias, para buscar información sobre os osos.
Aos nenos e as nenas faralle moita ilusión, mostrar a información sobre os osos, que traen da casa aos seus compañeiros e compañeiras.

   Moitas gracias.

miércoles, 12 de octubre de 2011

MAGOSTO E CONVIVENCIA EN PEXEGUEIRO


O día 11 de outubro fomos a Pexegueiro en autobús, para celebrar o magosto. Alí xogamos ao paracaídas, a castaña detrás, a castaña na cabeza... e moitos outros xogos; foi estupendo. Deixovós unhas fotos para que vós divirtades con nós.

AQUÍ ESTAMOS OS NENOS E NENAS DE BALDRÁNS


domingo, 25 de septiembre de 2011

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2011-2012

Un ano máis cheos de ilusión, damos comezo a este novo curso escolar.  Estes somos os nenos e as nenas que formamos parte da aula de Baldráns.


Xa vos manteremos informados, de todas as  actividades que faremos ao longo do curso.
Biquiños...