lunes, 20 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012

O xoves día 16 celebramos o entroido en Ribadelouro. Disfrazamonos de abellas obreiras. Tema do noso proxecto.
Mirade que guapos.

lunes, 6 de febrero de 2012

O NOSO BONECO DE NEVE

Estes días como vai tanto frío, decidimos facer un boneco de neve.
E así traballar un pouquiño a estación do inverno na clase.





MIrade que bonito quedou, pintamos co pincel e moi ben.

PROXECTO AS ABELLAS 4

Adrián trouxo ao cole abellas vivas nun bote. Foi moi interesante, pois contamos as patas , teñen 6 , son insectos, as ás, antenas.... Despois saimos ao patio e recollemos algunhas flores para botarlle de comer. Observamos como a abella chupaba na flor para recoller o pole e o nectar.



Foi unha observación moi interesante.

PROXECTO AS ABELLAS 3

Xa temos moitas cousas na aula sobre as abellas. Gustalles moito ensinar aos compañeiros o que trouxeron.





GRACIAS POLA COLABORACIÓN.

PROXECTO AS ABELLAS 2

Unha das actividades de coñecemento previo sobre as abellas ,foi facer unn debuxo de como pensabamos que eran.

Este foi o resultado , que bonitos!


PROXECTO AS ABELLAS 1

Para comezar o proxecto "as abellas",utilizamos os nosos sentidos.
Cando chegamos clase atopamos uns bote : de mel, pole... ( os nenos e nenas non sabía o que era). Comezamos cheirando o pole, dixeron moitas cousas: fresa, mermelada , que cheiraba mal..., despois probamos o mel e tamén dixeron , que sabía a mermelada, fresa , tarta..., ata que comezamos a pensar se tiñamos algo asía na casa ou se xa o probamos antes. E finalmente que era mel. E xa comezaron a decir que eran as abellas que facían mel..., . Escribimos entón cousas que sabíamos, que queremos saber e onde buscar sobre as abellas.



Este foi o resultado.

CUMPLE DE MARTA

O día 6 de xaneiro, Marta estivo de cumple.Celebramolo no cole o día 30 de xaneiro.
Patricia a mamá de Marta contounos un conto moi bonito, títulado "Ramiro o contísta", co que aprendemos que non debemos mentir, xa que cando os amigos e amigas se enteran deixannos sós.




MOITAS GRACIAS POR CONTARNOS ESTE CONTO TAN BONITO.

MURAL PARA O DÍA DA PAZ


BICOS O DÍA DA PAZ

O día 31 de xaneiro , foi o día da paz, quixemos demostrarcando nos queremos así.....


LIBRO DE BALDRÁNS

Estivemos traballando sobre a nosa parroquia, coa colaboración das nosas familias.
Gracias a este traballo, descubrimos alguns lugares de Baldráns moi bonitos , como fonte, muiños, lavadoiros...



Aquí vvós deixamos este libro ,que fixemos despois de organizar todo o traballo.

LIBRO DOS OSOS

Acabamos o nosos proxecto sobre os osos ,descubrimos diferentes tipos de osos, que comen, donde viven e algunhas curiosidades sobre eles.
Aquí vos deixamos o noso libro.



Dar gracias as familias pola colaboración noproxecto, aportando material.